Onde durmir na Coruña: descontos en hoteis

A Coruña ten unha infinidade de opcións de aloxamento. Bo, non son infinidade, pero si son moitísimas. Se pasas pola páxina de Aloxamento atoparás acceso aos directorios que ofrece Turismo da Coruña e ás ofertas que tes en Airbnb e Booking. E mentres as revisas e o pensas, nós estamos a contactar cos principais hoteis para que se sumen á WordCamp Galicia en forma de descontos.

Actualmente xa pechamos acordos con tres establecementos hoteleiros:

Hotel Avenida. Está moi preto das estacións de tren e bus e ao lado da parada dos buses que van á Universidade. E ten spa, para que te poidas relaxar despois do trafego.

Hotel Plaza. Está en Catro Camiños, preto de todo, pero sen o balbordo do centro.

Hotel Alda Puerta Coruña. Para os que queiran quedarse o máis preto posible de onde se celebra a WordCamp, esta é a mellor opción. Está en Matogrande, un barrio cheo de vida: restaurantes, cafeterías, pubs… A vida que necesitas antes e despois das charlas.

Para aproveitar o desconto que nos ofrecen, só tes que usar o código WORDCAMP e aplícase no proceso de reserva de aloxamento. O código xa está activo e recomendámosvos que nos vos atrasedes moito en decidir onde ides durmir, porque precisamente esa fin de semana hai varios eventos na cidade e algún multitudinario, así que a infinidade de prazas de aloxamento vai facer moita falta. Na Coruña non parece haber tempada baixa. E na organización da WordCamp Galicia tampouco, así que seguiremos xestionando descontos en máis establecemento e manterémosvos informados.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *