Ainé

Ainé é unha produtora de espectáculos de artes escénicas. Nacemos no ano 2015. Foi cousa do actor Xosé A. Touriñán e os produtores Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra. Ao longo destes anos consolidamos un xeito de facer dentro da industria, que ten moito que ver con saber ben para quen traballamos.

Témolo moi claro: da cultura temos dereito a participar todas e todos. Así que nós, que participamos dunha das partes máis interesantes, a da creación, temos a responsabilidade de facer espectáculos pensados para que a xente queira ir velos. E sobre todo, que os desfrute.

Producimos espectáculos. Moitos deles, de comedia. Algúns ao grande. Outros son monólogos. E ao mesmo tempo, participamos de proxectos que nos gustan e nos interesan, como o festival Castelo Conta. Por toda a experiencia acumulada, tamén ofrecemos servizos de produción a outras empresas do sector cultural, e xestionamos todo tipo de proxectos e programacións, culturais e artísticas.

Tamén nos encargamos da representación en Galicia de Xosé A. Touriñán, un dos nomes máis relevantes do audiovisual e o teatro neste país.

Co apoio de: