Trae os teus cativos!
Cando empezas a pensar se ir a unha WordCamp, a loxística familiar adoita ser a primeira barreira. Especialmente se a WordCamp non é na túa cidade. Sabemos que saír da casa para pasar o día nun evento non sempre é sinxelo. Tamén sabemos que paga a pena e queremos que non teñas que escoller entre unha cousa e a outra.
Por iso, a WordCamp Galicia 2026 ofrece un servizo de ludoteca de balde para que os teus fillos e fillas estean atendidos e entretidos mentres ti aproveiras as charlas e o networking sen preocupacións. Non se trata só de conciliar: trátase de que sexa un gran día para todos.


Como funciona
O servizo ofrécese o sábado 17 de outubro, con este horario:
-De 09.00 a 13.30
-De 15.00 a 18.30
A ludoteca estará no mesmo edificio que a WordCamp: a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, así que poderás velos cando quixeres. Os peques poden traer o seu almorzo ou merenda, que os monitores lles darán á súa hora; a comida do mediodía farana contigo, na zona de restauración do evento.
O servizo xestiónao [nome empresa], con monitores profesionais que prepararán xogos e actividades para que os nenos e nenas o pasen ben e vós tamén.
Poden participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As prazas son limitadas: un máximo de [X].
Reserva a túa praza
É imprescindible reservar con antelación. Cubre o formulario cos datos dos menores e calquera información que debamos saber (alerxias, necesidades especiais, o que sexa relevante). Sen reserva previa non poderemos garantir a praza.
Se tes algunha dúbida, escríbenos a galicia@wordcamp.org ou usa o formulario de contacto.

Reserva de praza dispoñible proximamente










