Asociacións

Se estás nunha asociación sen ánimo de lucro e non ten páxina web ou queres unha versión mellorada da actual, a WordCamp Galicia regálacha. Unha das actividades paralelas que organizamos é un programa chamado do_action hackathon, un maratón de implementación de páxinas web con WordPress con fins solidarios. É a túa oportunidade para renovar ou dar un salto na imaxe dixital da túa entidade.

WordPress representa comunidade. Comunidade para traballar de forma voluntaria e facer medrar o ecosistema. Comunidade para dar e recibir. Por iso, iniciativas como o do_action hackathon teñen todo o sentido para os que formamos parte desta comunidade. E a túa organización pode formar parte dela. Contámosche como.

Calquera asociación sen ánimo de lucro de Galicia que precise dunha páxina web ou queira actualizar a súa.

  1. Presentar a súa solicitude. O formulario atópalo nesta mesma páxina máis abaixo. Contános quen es, a que se adica a túa asociación e como cres que podemos axudarte.
  2. Comprometerse a proporcionar a información necesaria para o desenvolvemento da web: documentación sobre a asociación, os seus fins e as súas actividades. A planificación do contido da web é fundamental para poder cumplir co obxectivo do hackathon: montar unha web nun só día.
  3. Participar no proceso. Se a túa asociación é elixida, haberá unha reunión para coñecer en profundidade o proxecto e mentorías para aclarar dúbidas e facer un seguimento das tarefas previas necesarias para chegar ao día do hackathon con toda a información precisa.
  4. Asistir ao do_action. Como mínimo, unha persoa da asociación ten que participar no hackathon para acompañar ao equipo no desenvolvemento da páxina web, pero poden vir todos os membros que consideredes. O equipo estará formado por profesionais de distintos ámbitos (desenvolvemento, deseño, comunicación…), mais precisa o acompañamento de alguén que coñeza a asociación por dentro.
  1. Unha páxina web, con aloxamento e dominio gratis.
  2. Unha guía para aprender a xestionar a páxina web.
  3. Formación práctica no taller de iniciación a WordPress.