Todos saímos gañando
Patrocinar unha WordCamp non é publicidade de costume. É apoiar un proxecto sen ánimo de lucro, organizado de forma voluntaria, que achega coñecemento e comunidade a centos de profesionais do ecosistema WordPress.
A cambio, a túa empresa aparece diante dun público moi específico —desenvolvedores, deseñadores, especialistas en SEO, emprendedores dixitais, creadores de contido— nun contexto no que están receptivos e con vontade de coñecer ferramentas e servizos que lles axuden no seu traballo.
Para a WordCamp, o teu apoio fai posible que o evento sexa de calidade: un espazo digno, comida, materiais e servizos como a ludoteca para as familias.
Tripla ganancia: para ti, para os asistentes, para a comunidade.


Impacto da WordCamp Galicia 2026
- Esperamos 300 asistentes.
- Público variado: perfís técnicos, creativos, emprendedores, estudantes de comunicación e persoas que queren aproveitar mellor WordPress no seu día a día.
- Comunidades de WordPress de toda Galicia.
Paquetes de patrocinio
Busca cal é o paquete de patrocinio que mellor se adapte á túa empresa e enche o formulario de abaixo.
- Patrocinador Ouro (2.100€)
- Patrocinador Prata (1.400€)
- Patrocinador Bronce (500€)
- Patrocinador Polbeiro (2.000€)
- Patrocinador Espazo Conecta (500€)


Patrocinador Ouro (2.100€). O maior nivel de patrocinio. A maior visibilidade: na web, nas redes, nas acreditacións, nas pausas do evento e nos actos de apertura e peche.
Beneficios incluídos: logo grande na web e páxina de patrocinios con ligazón á vosa páxina; mención en redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook); mención na newsletter; 3 entradas para a WordCamp; 3 invitacións á cea do venres; mesa dobre na área de patrocinadores; 2 rollups (sábado e domingo); logo nas acreditacións de todos os asistentes; aparición individual en pantalla e streaming durante as pausas; agradecemento no acto de apertura (con posibilidade de presentación breve no escenario) e peche; posibilidade de realizar un sorteo no peche; espazo destacado na revista-recordo do evento.

Patrocinador Prata (1.400€). O segundo nivel. Moi boa presenza no espazo de patrocinadores e durante o evento.
Beneficios incluídos: logo mediano na web e páxina de patrocinios; mención en redes sociais; mención na newsletter; 2 entradas; 2 invitacións á cea; mesa (2m.) na área de patrocinadores; 1 rollup (domingo); logo nas acreditacións; aparición en pantalla e streaming durante as pausas; agradecemento no acto de apertura e peche; banner publicitario na revista-recordo.

Para apoiar o evento sen necesidade de estar todo o día nunha mesa. Presenza dixital e no espazo do evento.
Beneficios incluídos: logo pequeno na web e páxina de patrocinios; mención en redes sociais; 1 entrada; mesa compartida na área de patrocinadores; 1 rollup (sábado); aparición en pantalla e streaming nas pausas; agradecemento no acto de apertura e peche; logo na contraportada da revista-recordo.

Despois do peche oficial do sábado, non marchamos todos para a casa. Celebramos o noso tradicional peche con polbo á feira, e quen patrocina este momento convértese na empresa que alimenta a comunidade —literal e figuradamente.
Beneficios incluídos: logo na web e páxina de patrocinios; mención destacada en redes sociais; 1 rollup na zona da festa; agradecemento no acto de apertura e peche; espazo destacado na revista-recordo.

Patrocinador Espazo Conecta (500€). Un espazo dentro da WordCamp para conversas máis tranquilas entre profesionais: networking con algo máis de fondo que o café e o ruído do corredor.
Beneficios incluídos: logo na web e páxina de patrocinios; mención destacada en redes sociais; 1 rollup na zona do Espazo Conecta; agradecemento no acto de apertura e peche; espazo destacado na revista-recordo.
Información importante antes de enviar o formulario
-Os paquetes resérvanse por orde de chegada. Pode que aparezan como dispoñibles nesta páxina pero que xa estean reservados; se for o caso, contactaremos contigo para buscar alternativas.
-Se queres patrocinar en especie, ou se ningún paquete se axusta exactamente ao que buscas, escríbenos e falamos.
-O prazo límite para enviar o formulario anunciarase en breve.
Proximamente
O prazo para participar como patrocinador abrirase proximamente.
Mantente ao día
Se queres que che enviemos o programa, que te avisemos cando estean as entradas e que che contemos todos os pormenores da WordCamp Galicia 2026, apúntate ao noso boletín.







