Se es das persoas organizadas que teñen todo reservado con meses de antelación, probablemente xa tes onde durmir. Se es das que o deixan para o final —porque a vida dá voltas— non te preocupes. A Coruña ten opcións de aloxamento para todos os gustos e todos os petos, e bastantes máis das que imaxinas.


Hoteis
O directorio oficial de Turismo da Coruña ten a listaxe completa de hoteis por categoría. Hai opcións dende 1 ata 5 estrelas, cun prezo medio duns 60 € a noite para 3 estrelas e 112 € para 4 estrelas. Podes darte un luxo e quedar no único hotel de 5 estrelas da cidade, o NH Collection A Coruña Finisterre, fronte ao mar.
Códigos desconto
Desde a organización estamos a xestionar descontos en hoteis da cidade. De momento, xa contamos coa colaboración de tres establecementos:
–Hotel Avenida. Está moi preto das estacións de tren e bus e ao lado da parada dos buses que van á Universidade. E ten spa, para que te poidas relaxar despois do trafego.
–Hotel Plaza. Está en Catro Camiños, preto de todo, pero sen o balbordo do centro.
–Hotel Alda Puerta Coruña. Para os que queiran quedarse o máis preto posible de onde se celebra a WordCamp, esta é a mellor opción. Está en Matogrande, un barrio cheo de vida: restaurantes, cafeterías, pubs… A vida que necesitas antes e despois das charlas.
Para aproveitar o desconto que nos ofrecen, só tes que usar o código WORDCAMP e aplícase no proceso de reserva de aloxamento.
Pensións e hostais
Se prefires algo máis económico e con carácter, o centro histórico e o Ensanche teñen pensións e hostais de boa relación calidade-prezo. O directorio de Turismo da Coruña tamén os recolle.


E se non atopas nada…
Pregunta nas redes. A comunidade de WordPress de Galicia é grande e sempre pode haber alguén cun sofá dispoñible para unha fin de semana de WordCamp.
Lembra: vas pasar máis tempo na facultade que no aloxamento. O importante é que veñas. Dito isto, se te organizas ben, tamén terás tempo para facer algo de turismo. E para iso virache ben o rueiro e a guía turística da Coruña.














