Entradas

As entradas para WordCamp Galicia 2026 xa están á venda. O prezo depende de cando compres, así que se estás lendo isto agora, estás no mellor momento.

Prezos

  • Paxariño madrugador: 30€. (40% DE DESCONTO) Só 100 entradas a este prezo ata o 1 de agosto. Só 100 entradas a este prezo ata o 1 de agosto. Cando se esgoten, o prezo sobe automaticamente, aínda que non chegara esa data.
  • Prezo reducido: 40€ (20% DE DESCONTO) Ata o 1 de outubro.
  • Prezo xeral: 50€ (SEN DESCONTO) A partir do 1 de outubro ata o día do evento.

Unha entrada Paxariño madrugador sae 20 € máis barata que se esperas ao final. Polo mesmo evento, a mesma experiencia, o mesmo polbo. Aínda que co polbo depende… nunca se sabe: somos galegos.

* Tódalas entradas están habilitadas por si queres apoiar á WordCamp comprando unha de importe superior.

Acceso completo os días 17 e 18 de outubro. Todas as conferencias do sábado e o Contributor Day do domingo.

Todas as comidas incluídas. Xantar do sábado e do domingo, café, infusións e auga nas pausas de mañá e tarde. E o peche do sábado con polbo, ou non.

After party o sábado pola noite. Para seguir a conversa cando as salas xa están pechadas.

Pack de benvida opcional. Podes engadilo á túa entrada para levalo o día do evento ou gardalo de recordo.

  • Se estás pensando en presentarte como relator, voluntario ou patrocinador, podes mercar a entrada sen problema. Se saes seleccionado, devolvémosche o diñeiro.
  • Os menores non precisan entrada. Se queres usar o servizo de ludoteca, reserva praza canto antes na páxina de Ludoteca.
  • Usamos Gravatar para mostrar a túa foto na páxina de asistentes e na túa acreditación. Se queres que apareza, crea unha conta e asígnalle un avatar ao correo co que merques a entrada.
  • Ao asistir ao evento autorizas o uso da túa imaxe en fotos e vídeos tomados con fins de promoción e documentación da WordCamp.
  • As actividades do venres (taller de WordPress e do_action) son gratuítas e independentes desta entrada. Podes inscribirte na páxina de cada actividade.

IMPORTANTE: A partir do 17 de setembro, as entradas serán sen camiseta.

Antes de comprar as túas entradas, por favor, accede coa túa conta de WordPress.org*.

Se non tes unha conta, por favor, crea unha.

* Esta é a túa conta da web oficial de WordPress.org, non a do teu sitio WordPress persoal.

Descrición Prezo Quedan Cantidade
€ 40.00 140
€ 50.00 31

Aparte do que ofrece a entrada xeral, amosaremos o noso agradecemento poñendo unha ligazón nesta web por colaborar en facer unha gran WordCamp. Aparte de lo que ofrece la entrada general, mostraremos nuestro agradecimiento poniendo un enlace en esta web por colaborar en hacer una gran WordCamp.
€ 120.00 10
Fai clic aquí para introducir un código de cupón


Co apoio de: