Este é o noso equipo de organización!
Este evento non se podería levar a cabo sen o traballo voluntario e desinteresado, sen cobrar nada, de moitas persoas que aportan o seu tempo e coñecementos para que todo saia ben durante uns días increíbles nos que aprender, colaborar e celebrar.
Aínda que adoitamos colaborar en todo o que faga falta, botándonos unha man os uns ós outros. Para planificar e organizar a WordCamp, formamos diferentes equipos e nomeamos responsables de certas tarefas e servizos.


Equipos e tarefas
- Organizadores Líderes. Encargados de supervisar e coordinar todo o relacionado co evento, e de dar apoio ós membros do equipo de organización para remar todos na mesma dirección.
- Equipo Catering/ Ocio. Encargado de supervisar e coordinar as comidas e bebidas para que non falte de nada. De organizar a cea do venres e a after party do sábado. Así como de resolver dúbidas sobre alérxenos e intolerancias.
- Equipo Comunicación. Encargado de crear contidos e publicacións para difundir a esencia do evento, achegar todo o que está a acontecer ós interesados e facernos visibles máis alá da Comunidade.
- Equipo Deseño/web. Encargado de deseñar e crear este sitio web para que sexa unha ferramenta útil antes, durante e despois do evento. Así coma todos os elementos gráficos empregados online e offline.
- Responsable do Día da Comunidade. Encargado de xestionar, supervisar e coordinar as mesas de traballo no Día da Comunidade.
- Responsable do do_action hackathon. Encargado de xestionar, supervisar e coordinar todo o relacionado con esta actividade. Así como de atender e resolver dúbidas dos participantes.


- Equipo Loxística. Encargado de xestionar o equipamento necesario e os espazos do recinto para que se poidan desenvolver as actividades dun xeito adecuado.
- Responsable Ludoteca. Encargada de xestionar este servizo e de atender as necesidades dos cativos e as dúbidas dos pais.
- Equipo Patrocinios. Encargado de atender e coordinar ás necesidades dos representantes dos patrocinios do evento. Así como de xestionar todo o trámite e resolver dúbidas.
- Equipo Relatores. Encargado de configurar o programa, de supervisar e adecuar os contidos e ferramentas empregados nas sesións. Así como atender ás necesidades e dúbidas tanto dos candidatos coma dos relatores seleccionados.
- Responsable Voluntariado. Encargado de seleccionar ós voluntarios, e de supervisar e coordinar as tarefas que se lles asignen. Así como atender ás necesidades e dúbidas tanto dos candidatos coma dos relatores seleccionados.

Ponlle cara e coñece ás marabillosas persoas que conforman este equipo:

Toño Sangiao Novo (WP Coruña)
Equipo Relatores
Son un renacentista dixital: fago webs, marketing, formacións e, en xeral, o que se tercie. En realidade son un intruso —xornalista de formación, non informático—, pero levo máis de 20 anos infiltrado nisto e xa ninguén sospeita. Tomeino moi en serio: máis de 500 webs ás miñas costas (algunhas mellores ca outras) e varios anos dando clases de marketing dixital na universidade. Iso si, sigo vendo todo o que fago —código incluído— como unha forma de contar historias.
Anxo Sánchez (WP Lugo)
Equipo Relatores
Deseñador web. Creador de mil proxectos inacabados. Coorganizador da Meetup de Lugo.
Axudo a emprendedores ou a empresas, a ter unha web profesional que voe, teña visibilidade e consiga clientes a través de internet.
Apaixóame romperme a cabeza aprendendo tecnoloxías online e montando páxinas que carguen cada vez máis rápido. Pero non me contratou Google nin me fixen rico ós 18 anos.
Carla Pumutxa (WP Coruña)
Organizadora Líder e Responsable Comunicación
Son community manager, deseñadora gráfica e editora de vídeo.
Axudo a empresas a que os seus produtos ou servizos estean en redes para que estean ó alcance de todo o mundo.
Carlos Longarela (WP Lugo)
Organizador Líder e Responsable de Deseño/web
Amante do Código aberto e de pasar tempo coa familia e os amigos.
Profesionalmente traballo con WordPress desde fai uns aniños, aprendendo un pouquiño cada día para ser capaz de facer algo interesante con WordPress nun futuro.
Daniel Pereyra (WP Coruña)
Equipo de Patrocinios
Coñecín WordPress alá polo ano 2008, buscando o “CMS perfecto”. Foi probalo e xurdiu o amor á primeira vista.
Actualmente ofrezo solucións e servizos arredor deste marabilloso CMS de software libre.
Tiven a oportunidade de ir á WCEU este ano 2025 e quedei encantado, con moitísimas ganas de involucrarme de novo na comunidade. Así que aquí estou, sendo voluntario da WordCamp Galicia 2025.

David Viña (WP Coruña)
Equipo de Deseño/web
Desenvolvedor web, facendo maxia con WordPress.
Un día coñecín a comunidade WordPress e aquí me quedei votando unha man sempre que podo.
Jesús Amieiro (WP Pontevedra)
Responsable Día da Comunidade e Equipo Relatores
Enxeñeiro de telecomunicacións e artesan das TIC. Traballo como programador en Automattic, enfocado na área de traducións.
Dende @proxectotrasno, Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre, impulso a tradución á nosa lingua do software libre máis usado para conseguir que o galego dure mil primaveras máis.
Jorge González (WP Pontevedra)
Responsable Catering
Fuchicador profesional. Levo facendo webs dende 1998 e utilizando WordPress felizmente dende 2008. Namorado do software libre, os estándares e o código limpio.
Jorge López Blanco (WP Orense)
Juan Hernando (WP Pontevedra)
Responsable Patrocinios
Entusiasta de WordPress.
Program Manager do equipo global de Comunidade, defensor da web aberta e desenvolvedor frontend. Fálame de deporte e de música.
Juan Ramón Morales Núñez (WP Lugo)
Equipo Diseño/web
Deseñador gráfico e web especializado en branding e en sitios web 100 % accesibles para pemes e persoas emprendedoras. Gústame coidar cada proxecto coma se fose meu.
Sempre cun lema en mente:
«A recompensa por un traballo ben feito é a oportunidade de facer máis traballos ben feitos». J. E. Salk
Por que Diseñarte e non Juan Ramón Morales? A vida deume experiencia abonda para saber que acabarán buscándome por Jose Ramón ou Juanma Morales, así que decidín unir as miñas dúas paixóns, o deseño e a arte, nun único nome: Diseñarte.
Leo Menéndez (WP Coruña)
Responsable Voluntarios
🎙️ Empecei gravando podcasts sobre The Walking Dead e hoxe colaboro con marcas e empresas que xeran videopodcasts para crear audiencias, xerar autoridade e vender máis | Gravo moitos podcasts e teño un par de newsletters.
María Sáez (WP Pontevedra)
Responsable Ludoteca e equipo Catering
Son consultora SEO freelance e traballo tanto con clientes propios como en colaboración con axencias. Levo desde 2005 pelexando con Google e, por se non fose suficiente, agora tamén cos LLM. Encántame formar parte da comunidade WordPress, compartir coñecemento e participar en iniciativas relacionadas co SEO, o marketing dixital e a analítica web.

María Sierra Trasancos (WP Coruña)
Equipo Comunicación
Son xornalista e doutora en Socioloxía da Comunicación. Levo case 20 anos axudando a organizacións culturais, sociais e educativas a comunicar mellor: xestión de redes sociais, deseño e implementación de webs en WordPress e formación en comunicación dixital.
O que máis me gusta do meu traballo é sacarlle brillo á linguaxe para achegar valor real, sen palabras baleiras. Coorganizo tamén a Meetup WordPress Coruña.

Marta Paz Naveiro (WP Coruña)
Equipo Patrocinadores
Socia e desenvolvedora web en Coma Comunicación Creativa, cooperativa coa que apostamos por un modelo de economía social no sector tecnolóxico e da comunicación.
Creo webs para achegar solucións dixitales, sempre con WordPress ou outras tecnoloxías libres. Encántame solucionar problemas técnicos e crear webs que funcionen de xeito fino e áxil. Firme defensora do software libre, con ampla experiencia no seu uso para todo.
Mónica Saavedra (WP Ferrolterra)
Organizadora Líder e Responsable de Equipo Relatores
Programadora web freelance.
Axudo ós emprendedores ou autónomos a crear a súa marca persoal, como? analizando as súas necesidades e axudándoos a proxectarse de forma online.
Pablo Arias (WP Vigo)
Equipo Patrocinios
Estou a traballar por unha internet mellor. Ao ritmo ao que está a dexenerar, pronto a perderemos en mans duns poucos. Quero reverter este proceso e conto coa túa axuda para facelo. O software libre, a web aberta, a privacidade persoal e a accesibilidade son xeitos de acadar este obxectivo.
A miña historia con WordPress é diferente á da maioría desta comunidade. Levo construíndo sitios web desde antes de que existise, e cando descubrín Mambo, namoreime del. Agora chámase Joomla. É o que uso para construír os meus sitios web e os dos meus clientes. E convídote a probalo tamén!
Santiago Rodríguez (WP Pontevedra)
Equipo do_action hackathon
Son programador e desenvolvedor web. Toda a miña vida profesional estivo relacionada coas diferentes tecnoloxías web, sobre todo PHP enfocado a backend e aplicacións web, e, dun tempo a esta parte, moito máis enfocado a WordPress.
Habitual das Meetups tecnolóxicas (relator nalgunha ocasión xa lonxana), sigo marabillado pola xente da comunidade de WordPress Pontevedra e o seu traballo, polo que xa ía tocando arrimar o ombreiro como organizador xD

Sonia Díaz (WP Ferrolterra)
Responsable de Equipo Deseño/Web
Son deseñadora web especializada en WordPress e identidade de marca.
Disfruto creando webs que transmitan a esencia de cada proxecto e axudando a persoas emprendedoras e empresas a construír unha presenza dixital clara, coherente e con personalidade. Na comunidade WordPress atopei un lugar onde seguir aprendendo, compartir coñecemento e devolver unha pequena parte de todo o que recibín.
Wajari Velásquez (WP Pontevedra)
Responsable Equipo do_action hackathon
Consultor SEO cun nome raro. Pódesme encontrar en Wajari.com. Dou clases de SEO e WordPress. Colaboro na organización de grupos tecnolóxicos open source. Encántame a xardinería, a web e cociñar.














