Esgalla

Levamos máis dunha década xestionando a infraestrutura de márketing de grandes grupos empresariais. Desde A Coruña, evolucionamos do márketing dixital cara á enxeñaría de lead porque o mercado nos levou até aí: cando o lead é o motor de negocio, adaptarse ás ferramentas do mercado non é suficiente. Por iso construímos as nosas.

Combinamos negocio, márketing, tecnoloxía e operacións para poñer o lead no centro da estratexia. O noso obxectivo: optimizar o investimento, entender o comportamento do lead e garantir a rendibilidade. Trazamos todo o funnel comercial, desde a captación ata a venda, para saber que investimento xera resultados e que ningunha oportunidade se perda polo camiño.

Facémolo con solucións de tecnoloxía propia: EVA, para crear contornos web de alto rendemento con apoio de IA xerativa; TRIKI, analítica first-party e cookieless; ARI, a nosa suite para centralizar, enriquecer e distribuír os leads á rede comercial; IMA, para automatizar fluxos de nurturing e fidelización; MIA, axentes conversacionais de IA que orientan o usuario cara á conversión; e AVA, que monitoriza o envío de datos para garantir que cada lead se entrega correctamente.

Cada ano xestionamos máis de 2 millóns de leads cunha garantía de entrega do 99,99 %, activamos máis de 20 millóns de procesos automatizados e operamos en ecosistemas web que reciben máis de 30 millóns de visitas.

Co apoio de: