LucusHost

Somos unha empresa de hosting web e dominios nada en Galicia e levamos anos traballando para que a túa web en WordPress sexa rápida, segura e estable.

O noso hosting está optimizado para WordPress e apóiase en tres piares: a velocidade, a seguridade e un soporte técnico REAL, sempre dispoñible.

  • Velocidade: utilizamos LiteSpeed en todos os nosos plans, xunto con CloudLinux e CageFS, para lograr tempos de carga moi rápidos e un contorno estable.
  • Seguridade: protexemos a túa web con Imunify360 e realizamos copias automáticas con Premium Backup para que sempre teñas a túa información a salvo.
  • Soporte 24/7: o noso equipo técnico está dispoñible as 24 horas para axudarte cando o necesites.

Pero non só queremos que o teu WordPress vaia rápido: queremos axudarte a entender que pasa dentro e que podes mellorar. Por iso creamos LucusMonitor, a nosa nova ferramenta de optimización para WordPress.

Con LucusMonitor podes detectar gargalos e saber que está ralentizando realmente a túa web, identificando con precisión problemas de rendemento en PHP, base de datos, caché Redis ou servizos externos. Tamén podes revisar que plugins consomen máis recursos, sen ter que ir desactivándoos un a un, e consultar métricas reais de cada petición para tomar decisións baseadas en datos.

Porque optimizar WordPress non debería ser cuestión de probar cousas a cegas. Queremos que saibas que está pasando na túa web e onde actuar para mellorar a súa velocidade, SEO/GEO e experiencia de usuario.

Fainos moita ilusión acompañarvos en WordCamp Galicia. Vémonos!

Tamén podes visitarnos na nosa web: www.lucushost.com

Co apoio de: