Do_action

O do_action hackathon é a forma que ten a comunidade de WordPress de dar onde máis se nota. Reunímonos nun día, formamos equipos e montamos páxinas web para entidades sen ánimo de lucro de Galicia. Desde cero, en horas.

Non é un exercicio nin unha simulación. É real: o resultado é a web que esa entidade vai usar a partir de ese día.

Participan perfís moi distintos —desenvolvemento, deseño, xestión de contidos, comunicación— porque facer unha web require máis dunha habilidade. Se tes algunha, tes un sitio no equipo.

O do_action é gratuíto e independente da entrada á WordCamp. Podes participar sen ter asistido ás conferencias.

Datos prácticos

-Cando: viernes 16 de octubre, de 12 a 18 horas (comida incluída)

-Onde: Facultad de Derecho, Campus de Elviña, A Coruña

-Prazas limitadas

-Precio: gratuito e independiente de la entrada a la WordCamp