Voluntarios

Aquí tes ás persoas que neste ano colaborarán como voluntarios na WordCamp Pontevedra. Se precisas calquera cousa, non dubides en achegarte a eles, e estarán encantados de axudarche no que precises.

O evento non sería posible sen a súa axuda!

Creadora, educadora e activista: desenvolvo experiencias que espertan o pensamento, constrúen comunidade e empoderan a través do deseño, a linguaxe e a acción.

Namorada das WordCamps. Cando non estou deseñando web, marca ou impresos, ensino inglés e traballo con ONG en tarefas de divulgación, atención directa e defensa de dereitos. Se non respondo aos correos electrónicos, consultade na fraga ou no cemiterio local!

Colaboro coa comunidade WordPress desde 2011. Actualmente son colaborador patrocinado por Hostinger e participo activamente nos equipos de Traducións, Photo Directory, WordPressTV e Comunidade.

A miña contribución céntrase en fortalecer o proxecto desde dentro, apoiando iniciativas que fomentan a participación, a aprendizaxe e o crecemento da comunidade WordPress.

Gústame estar ao día do mundo, coñecer xente activa e aprender de todos.

Son desenvolvedora web júnior, dando os meus primeiros pasos pero amosando xa a miña paixón polas comunidades e por axudar nelas e nos seus eventos nos ratos libres, ademais de debuxar 🙂

Creador de Pidopapas.com, onde publico libros educativos, pasatempos e xogos en galego.

Despois de varios anos coordinando proxectos web, agora estou centrado en facer medrar este proxecto, tirando de WordPress, marketing, automatizacións e unha boa dose de proba e erro.

José Freitas é especialista en marketing e comunicación, creando sitios WordPress desde 2008. Axuda a negocios a construír unha presenza en liña sólida e eficiente a través de sitios web optimizados, estratexias de marketing dixital personalizadas e comunicación clara e efectiva.

Membro activo da comunidade WordPress desde 2013, organizador e voluntario en WordCamps, incluído o liderado na WordCamp Europe 2022 e 2023. Fundador de Kaksi Media.

Alacantino alimentado con cocido galego. Desenvolvedor e asesor de estratexia en Internet para negocios locais.

Especialista en presenza en liña, soporte web e venda en Internet. Mecánico de WordPress.

Entusiasta da comunidade de WordPress. Fago un pouco de todo: páxinas web, fisioterapia, ioga, teatro… Non hai nada mellor ca unha camiñada ao carón da miña familia.

Traballei 34 anos en axencias de viaxes e actualmente vendo artesanía en feiras. Gústame falar diferentes idiomas, ler e fotografar.

Na comunidade atopei amigos e todos os anos coñezo persoas moi interesantes. Son unha persoa de persoas e en todas as WordPress son feliz.

Estudante de primeiro de bacharelato.

Veño da hostalaría, onde pasei anos detrás dunha barra e xestionando terrazas.

Desde HostelAI axudo a bares e restaurantes a poñer orde na súa presenza en liña: reputación, fichas de Google e webs que conten o que o local é de verdade. Cheguei a WordPress por necesidade, resolvendo o problema dun cliente, e quedei.

Pao Fernández

Educadora e dinamizadora socioeducativa | Deseño obradoiros e proxectos educativos | Alfabetización, infancia, inclusión e aprendizaxe.

Gústanme a fotografía, os videoxogos e a música.

Desenvolvedor web e gambiteiro a tempo completo.

Fan da internet máis rara, desenvolvendo sitios web desde 1998. Usuario de WordPress desde a 2.6.

Son David López Pazos, adestrador tecnolóxico, apaixonado da tecnoloxía e sobre todo das persoas.

Vivo en Pontevedra e gozo do campo, en especial o de Galicia. A miña terra.

Encántame colaborar en iniciativas nas que, grazas a un grupo de persoas variadas, se realizan eventos e proxectos interesantes e que achegan. É por iso que gozo sendo voluntario da WordCamp. Estar entre bambolinas para que a xente quede contenta, lle apeteza volver e se xere comunidade.

O equipo está moi unido e é un pracer formar parte del.

Chámome Paula Carmona e son especialista en marketing en Comvive Servidores. Apaixonada do marketing dixital e da creación de contido atractivo.

Levo desde 2022 participando na comunidade de WordPress, onde fun organizadora e voluntaria nalgunhas WordCamp.