Localización

A WordCamp Galicia 2026 celébrase na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

  • En tren

A estación de tren de San Cristovo está no centro da cidade. Renfe comunica A Coruña co resto das cidades galegas e con Madrid.

  • En autobús interurbano

A estación de autobuses da Coruña conecta con toda Galicia e con outras comunidades. Compañías como Alsa, Alsacalpita, Flixbus, Monbus ou Arriva ofrecen conexións dende e cara á Coruña, tanto nacionais como internacionais ou mesmo interurbanas.

  • En coche

A principal vía de entrada á cidade é a avenida de Alfonso Molina, onde desembocan a autoestrada AP-9 (eixe atlántico, desde Ferrol ata Portugal, pasando por Santiago, Pontevedra e Vigo) e a N-VI (Madrid-A Coruña, pasando por Lugo). A AP-9 está conectada coa Autovía do Noroeste (A-6) e, a través desta, coa Autovía do Cantábrico.

  • En avión

O Aeroporto da Coruña (LCG) está a uns 8 km do centro (15 minutos en coche e 30 minutos en autobús). Hai taxis e servizo de bus. Tamén podes consultar voos a Santiago de Compostela (SCQ), a uns 45 minutos en coche e tamén conectada coa Coruña cunha liña de bus.

O Campus de Elviña non está no centro da cidade: está nunha zona universitaria periférica e convén saber isto antes de saír. A boa noticia é que hai transporte público directo dende o centro e que a opción en coche é cómoda e con aparcadoiro máis que suficiente.

  • En bus urbano — a opción máis práctica

A Compañía de Tranvías é a empresa de bus urbano e ten varias liñas que chegan ao Campus de Elviña ou ás proximidades desde o centro:

• Liña UDC (Praza de Pontevedra → Elviña → UDC). É a liña específica universitaria, con parada directa fronte ás facultades. Sae dende a praza de Pontevedra e tamén dende San Pedro de Mezonzo. Opera de luns a sábado de 07.40 a 22.40. Non ten servizo o domingo.

• Liñas 20, 22 e 24. Déixache en Alfonso Molina, nunha parada próxima ao Campus. Está un pouco lonxe mais funcionan o domingo.

Podes consultar os horarios en tempo real na app iTranvías (Android e iOS) ou na web de Tranvías. Tamén hai unha app alternativa, Bus Coruña (Android e iOS).

*Aviso importante: o acceso ao Campus a pé desde o centro da cidade é longo e non está pensado para facerse andando. Non o recomendamos.

  • En coche

É a opción máis cómoda se vés de fóra da cidade. O Campus de Elviña ten aparcadoiro. Accédese desde a avenida de Alfonso Molina.