
Rural Hackers é unha organización con sede en Anceu e Ventín, Galicia, que conecta o open source, a intelixencia artificial e o talento local para dar vida ao rural. Organizamos hackathons, encontros e Do_Actions internacionais onde persoas do mundo tech e comunidades locais se senten a traballar xuntas: compartir coñecemento, resolver retos do territorio e construír ferramentas que sirvan a quen vive nel. A tecnoloxía cobra sentido cando mellora a vida de alguén.
Unimos a quen sabe programar, deseñar ou comunicar con quen coñece a súa aldea e ten ideas para facela medrar. Móvenos a mesma cultura de colaboración que á comunidade WordPress: aprender facendo, construír en aberto e compartir sempre. Por iso patrocinamos WordCamp Galicia e queremos convidarte a formar parte dos nosos proxectos.
Trae o que sabes, o que che dá curiosidade e as ganas de facer cousas con outras persoas.
Nós encargámonos do propósito.

























