
En dinahosting levamos nisto desde 2001, sendo diferentes, ilusionándonos e aprendendo. As nosas ganas de facer comunidade levaronnos a apoiar varios grupos e meetups locais de WordPress, así como a patrocinar varias das WordCamps máis importantes do estado. Tamén introducimos cambios na parte técnica: a evolución no hardware, os mellores sistemas de caché, a securización do noso autoinstalable, o apoio a WordPress como plataforma de comercio electrónico… e un longo etcétera ao que sumaremos todas as túas achegas.
Todos os nosos hostings e servidores traballan baixo distribucións propias nas que coidamos cada detalle para optimizar o rendemento, asegurando unha plataforma polivalente que posibilite o uso de diferentes tecnoloxías. A fiabilidade dos nosos partners de hardware e rede únese á capa de innovación que achegamos mediante desenvolvementos propios: CMS autoinstalados, Panel de Control propio, correo electrónico con contorna groupware gratuíta, etc. son a nosa achega para axudarte a superar os retos que teñas en cada momento.
Non te esquezas de que tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado.
Tes algunha dúbida? Sempre nos terás a un só chat ou chamada de distancia as 24 horas do día, os 7 días da semana. Sen contestadores, sen formalismos, sen esperas… Conta o teu proxecto e faremos todo o posible por botarche unha man.
Se queres seguirnos en Facebook, X, Instagram, LinkedIn ou YouTube tamén estaremos encantados de axudarte.
























