Sempre quixeches facer a túa web. Este é o día.
Cada ano, antes de que comece a WordCamp propiamente dita, organizamos un taller de iniciación a WordPress. É de balde, non require ningún coñecemento previo e está pensado para calquera que lle interese descubrir como vai iso de crear webs.
Non é un curso avanzado. Non é para os que xa saben. É para os que sempre pensaron que iso de ter web era cousa complicada e nunca se lanzaron. Ou para os que simplemente queren ver como funciona antes de meterlle man.


Da man dun profesional, entrarás no mundo de WordPress e descubrirás o rápido e sinxelo que é crear algo desde cero.
Datos prácticos
-Cando: venres 16 de outubro, de 9 a 12 horas
Onde: Facultade de Dereito, Campus de Elviña, A Coruña
Prazas limitadas
Prezo: gratuíto e independente da entrada á WordCamp
Podes vir ao taller sen ir á WordCamp e ir á WordCamp sen ter ido ao taller. Son actividades complementarias, non dependentes.
Próximamente abrirase o formulario para inscribirse














