A túa web ou a túa tenda en liña cumpren coa normativa vixente?
Nesta sesión práctica, Víctor Salgado repasará os erros legais e de privacidade máis habituais que cometen as persoas creadoras de contido e os negocios dixitais nas webs desenvolvidas con WordPress e nas tendas en liña con WooCommerce.
Unha charla imprescindible para evitar sancións, xerar confianza e construír un proxecto dixital seguro e conforme á normativa.















