En WooCommerce solemos investir moito tempo no deseño, o catálogo ou a captación de tráfico, pero o checkout segue a ser un dos puntos máis esquecidos… e o que máis vendas decide.
Neste taller veremos de forma práctica por que o novo Checkout de WooCommerce marca un antes e un despois, que vantaxes ofrece fronte ao checkout clásico e como adaptalo correctamente para vender máis, sen depender de solucións pechadas nin «plugins milagre ou premium».
Explicaréiche:
- Que cambia realmente no novo Checkout de WooCommerce e por que deberías usalo.
- Que datos pedir (e cales eliminar) segundo o tipo de negocio e sector.
- Como modificar e personalizar o checkout: estrutura, campos, textos e bloques.
- Que elementos axudan a mellorar a conversión (confianza, claridade e fricción mínima).
- Exemplos prácticos de checkouts optimizados en WooCommerce.
- Que erros seguen cometéndose e como evitalos.















