A intelixencia artificial está a cambiar a forma na que traballamos, aprendemos e creamos. Cada semana aparecen novas ferramentas, novas posibilidades… e tamén novas preguntas. Estamos ante unha ameaza ou ante unha oportunidade? Que habilidades seguirán marcando a diferenza? Como cambiarán as profesións nos vindeiros anos?
Nesta mesa reunimos profesionais de diferentes ámbitos que nos podan compartir puntos de vista e reflexións sobre o papel da IA no presente e no futuro do noso traballo. Unha conversa aberta para descubrir como podemos adaptarnos da man moderadora de Leo Menéndez.















