Din que WordPress é unha gran comunidade que medra cada día, así que, para axudala a seguir medrando, consideramos importante reservar este espazo durante o Día da Comunidade para dar voz a outras comunidades galegas que, coma a nosa, organizan actividades, comparten coñecementos e crean espazos onde a xente pode aprender, coñecer a outros e gozar da tecnoloxía.
A idea detrás da mesa redonda é que poidades coñecelas un pouco mellor – e quen sabe, quizais todos saiamos do WordCamp Galicia con ganas de unírmonos a máis comunidades. Porque cando as comunidades colaboran, todos medramos un pouco máis.
Participan:
- GDG (Coruña/Ourense),
- SysArmy Galicia (Coruña, Vigo, Ferrol…),
- CoruñaWTF,
- GPUL,
- Python Coruña,
- Aquelarre Dixital.















