Houston, temos un pedido: A odisea de internalizar o teu woocommerce!

Se pensabas que internacionalizar a túa tenda en liña é tan sinxelo como instalar un plugin de tradución, configurar un par de idiomas e sentarte a esperar que chovan as vendas dende o estranxeiro, esta charla é para ti.

Vender fóra das túas fronteiras é dar un salto onde a problemática do idioma só é a punta do iceberg. Os desenvolvedores ou xestores dun ecommerce, a miúdo esquécense de que cando un cliente fai click en “Comprar”… empezan outros retos que son propios do comercio internacional. Unha charla sobre a internacionalización dun ecommerce, dende o punto de vista dun especialista en comercio exterior.

Categorías:

,

Data: