Un conto para aprender sobre licenzas, comunidades e contribucións
E se che dixese que se pode explicar o Open Source cunha caixa de cartón, un grupo de animais con formato de conto de antes de durmir?
Nesta charla faremos un percorrido polos conceptos fundamentais do Open Source:
- como liberar un proxecto,
- escoller unha licenza,
- recibir contribucións
- facer medrar unha comunidade.
Todo contado como se fose un conto infantil, porque entender o Open Source non debería dar máis medo que unha historia para ir para a cama.















