Neste taller veremos como incorporar a IA a un fluxo real de deseño para WordPress sen perder criterio, control nin coherencia. Traballaremos sobre un caso práctico e revisaremos como usar a IA para ordenar contidos, plantexar estrutura, mellorar a xerarquía visual, detectar inconsistencias, documentar patróns e preparar mellor un deseño para a súa implementación.
O obxectivo non será usar IA para xerar unha web de forma automática, senón aprender a integrala en decisións concretas do proceso: que información pedir, como avaliar as respostas, como converter unha proposta inicial nunha estrutura útil e como evitar resultados xenéricos, fráxeis ou difíciles de manter.
Durante o taller veremos exemplos aplicables a proxectos reais: páxinas de servizos, landings, estruturas de contido, patróns reutilizables, estilos globais, mensaxes principais e criterios de revisión.
As persoas asistentes levaranse un fluxo de traballo práctico para usar IA en proxectos WordPress con máis intención, máis claridade e mellores resultados.















