A túa web é multilingüe pero Google non o entende? As claves de hreflang en WordPress

Unha charla exprés de 10 minutos para descubrir que son as etiquetas hreflang e porque son fundamentais nunha estratexia de SEO internacional.

Explicaré concepto básico e regras de ouro (como os enlaces recíprocos, as etiquetas autorreferenciais e o uso do x-default) e veremos como segmentar correctamente por idioma e rexión.

Ademais, aprenderás a implementar esta directiva en WordPress, tanto mediante un plugin como de forma manual.

Ryan López

Categorías:

,

Data: