Rafael Verde Penas

Rafael Verde Penas

Nacín en Francia, onde me especialicei en Comercio Exterior, pero a miña paixón pola tecnoloxía levoume tamén pola senda do mundo Open Source.

No meu día a día, tanto podo estar picando código en WordPress e optimizando SEO multilingüe, coma asesorando sobre comercio internacional, normativas de privacidade (RXPD) ou loxística transfronteiriza.

Quero achegar información práctica para que os asistentes á WordCamp poidan coñecer os retos reais (fiscais, legais e de transporte) que xorden no momento de internacionalizar unha tenda en liña.