Quedounos o titular un pouco mafiosiño. Pero non, non falamos da cosa nostra nin da famiglia. Como xa supuxeches, referímonos a que os eventos de WordPress son para todos, nenos incluídos. Se lles preguntamos a eles se lles apetece ir a unha WordCamp e contámoslles que haberá un montón de charlas chulas sobre temas, plugins, bloques, SEO, GEO, IA… probablemente poñan os ollos en branco. Para bloques, os de Lego, pensarán. E con razón. Xa terán tempo de aprender sobre webs. Na WordCamp Galicia irán a divertirse.
Para asegurarnos diso, contaremos cunha ludoteca gratuíta xestionada por monitores profesionais, que se encargarán de que os máis pequenos teñan o mellor dos recordos da WordCamp Galicia, a través de xogos, e pidan repetir. Esa é a idea. Non se trata só de conciliar, senón de que sexa un gran día para todos: que os pais poidan asistir ás ponencias con total tranquilidade e que os seus fillos e fillas disfruten de tempo de lecer de calidade.
Así que a familia non pode ser unha escusa para non acudir á WordCamp Galicia. Fillos, parellas, pais, primos… todos son benvidos neste encontro WordPressero. E se son peques, ¡a xogar!
Eso sí, haberá prazas limitadas. O mellor que podes facer é subscribirte ao boletín para enterarte de cando se abre o prazo de solicitude.















Deixa unha resposta