Andrea Magán Rey

Andrea Magán Rey

Son Andrea, programadora, deseñadora e coleccionista de proxectos, ideas e side quests.

Encántame construír cousas: aplicacións, comunidades, eventos, manualidades… o que se poña por diante. E, entre experimento e experimento, sigo desfrutando de crear, aprender algo novo polo camiño e, se pode ser, facelo en boa compañía.

Actualmente traballo como DevRel e Open Source Advocate, facendo o que máis me gusta: conectar persoas, compartir coñecemento e axudar a construír comunidades arredor da tecnoloxía.