As entradas para WordCamp Galicia 2026 xa están á venda. O prezo depende de cando compres, así que se estás lendo isto agora, estás no mellor momento.
Prezos
- Paxariño madrugador: 30€. (40% DE DESCONTO) Só 100 entradas a este prezo ata o 1 de agosto. Só 100 entradas a este prezo ata o 1 de agosto. Cando se esgoten, o prezo sobe automaticamente, aínda que non chegara esa data.
- Prezo reducido: 40€ (20% DE DESCONTO) Ata o 1 de outubro.
- Prezo xeral: 50€ (SEN DESCONTO) A partir do 1 de outubro ata o día do evento.
Unha entrada Paxariño madrugador sae 20 € máis barata que se esperas ao final. Polo mesmo evento, a mesma experiencia, o mesmo polbo. Aínda que co polbo depende… nunca se sabe: somos galegos.
* Tódalas entradas están habilitadas por si queres apoiar á WordCamp comprando unha de importe superior.

Que inclúe a miña entrada?
Acceso completo os días 17 e 18 de outubro. Todas as conferencias do sábado e o Contributor Day do domingo.
Todas as comidas incluídas. Xantar do sábado e do domingo, café, infusións e auga nas pausas de mañá e tarde. E o peche do sábado con polbo, ou non.
After party o sábado pola noite. Para seguir a conversa cando as salas xa están pechadas.
Pack de benvida opcional. Podes engadilo á túa entrada para levalo o día do evento ou gardalo de recordo.

Antes de mercar, le isto
- Se estás pensando en presentarte como relator, voluntario ou patrocinador, podes mercar a entrada sen problema. Se saes seleccionado, devolvémosche o diñeiro.
- Os menores non precisan entrada. Se queres usar o servizo de ludoteca, reserva praza canto antes na páxina de Ludoteca.
- Usamos Gravatar para mostrar a túa foto na páxina de asistentes e na túa acreditación. Se queres que apareza, crea unha conta e asígnalle un avatar ao correo co que merques a entrada.
- Ao asistir ao evento autorizas o uso da túa imaxe en fotos e vídeos tomados con fins de promoción e documentación da WordCamp.
- As actividades do venres (taller de WordPress e do_action) son gratuítas e independentes desta entrada. Podes inscribirte na páxina de cada actividade.
Antes de comprar as túas entradas, por favor, accede coa túa conta de WordPress.org*.
Se non tes unha conta, por favor, crea unha.
* Esta é a túa conta da web oficial de WordPress.org, non a do teu sitio WordPress persoal.










