Ser voluntario

Nunha WordCamp non hai maxia. Hai persoas que chegan cedo, organizan, reciben, supervisan, corren dun lado para o outro e ao final do día son as primeiras en dicir que repetirían.

Os voluntarios son peza fundamental do evento. Sen eles non habería rexistro de entrada, non habería café a tempo, non habería micrófonos que cheguen ao público durante as preguntas e, sobre todo, non habería esa sensación de que todo flúe.

A cambio, ofrécese algo que non se compra: entrar na cociña dun evento como este e coñecelo desde dentro. Compartir o día co equipo de organización e os relatores. E presumir da camiseta exclusiva de voluntarios [e do mandil galego —a prenda máis codiciada da WordCamp].

Ademais, a entrada é de balde, incluída a comida do evento e estás convidado á cea do venres con relatores, organización e voluntarios.

Asignamos tarefas antes do evento para que, na medida do posible, poidas gozar tamén das actividades. Algunhas das encomendas habituais:

  • Recibir os asistentes no rexistro e entregarlles acreditacións e pack de benvida
  • Supervisar os descansos e as comidas
  • Asistir os relatores e patrocinadores
  • Controlar os tempos das sesións e mover os micrófonos nas quendas de preguntas

Se es das persoas que resolve imprevistos sen que ninguén se dea conta, encaixas perfectamente.

Sería estupendo que puidésemos contar contigo dende o venres 16 de outubro pola tarde para coñecer o espazo e o equipo antes de que comece todo.

[Prazo aberto ata o XX de XXXX de 2026 ou ata completar o equipo.]

Cubre o formulario e cóntanos por que queres ser voluntario. Revisaremos todas as candidaturas e avisarémoste por correo.

Para calquera dúbida: galicia@wordcamp.org

Mantente ao día