Ata cando podemos seguir estando en todas partes? E a que prezo?
Podcast, newsletter, web, LinkedIn, Instagram, TikTok, YouTube, comunidades de WhatsApp, grupos de Telegram…
Cada ano aparecen novas canles, novas ferramentas e máis presión por estarmos presentes en todas partes.
Pero, é realmente necesario?
E, sobre todo, é sostible?
Nesta estámonos abriremos unha conversa arredor da visibilidade dixital, da creación de contidos e do equilibrio entre presenza e desgaste.
Compartiremos experiencias, dúbidas e aprendizaxes para explorar formas máis conscientes e sostibles de comunicar sen sentir que vivimos permanentemente conectadas.
Porque a pregunta xa non é onde deberiamos estar. Quizais a pregunta sexa ata cando podemos seguir estando en todas partes. E a que prezo?















