Queres ser 20 veces máis rápido creando sitios web?
WordPress 7.0 é o CMS máis avanzado do mundo para integrarse con asistentes de intelixencia artificial. Pode axudarche a afrontar proxectos de desenvolvemento máis ambiciosos en moito menos tempo.
- Resolve problemas cos que antes nin soñabas atacar ti só.
- Optimiza a revisión dos teus clientes.
- Acelera os tempos de deseño e desenvolvemento dos teus proxectos.
- Cumpre mellor cos estándares específicos de WordPress.
- E aprende moito máis rápido.
Nesta charla describirei como construír un sistema de desenvolvemento e despregue web que che permitirá facer un x20 (medido) na túa capacidade de creación de sitios web.















