Nesta charla faremos unha demostración en directo de como perciben as persoas con discapacidade visual as páxinas web creadas con WordPress.
Coñeceremos as principais ferramentas que utilizan para navegar e analizaremos varias webs feitas con WordPress para descubrir que dificultades atopan e como podemos mellorar a accesibilidade dos nosos sitios web.















