Formeime como xornalista pero de tanto cacharrear nas webs deformeime como programadora, e xa levo 12 anos traballando de autónoma nisto da “albanelería web”: obras, reformas e decoracións dixitais en páxinas, tendas online, plugins, APIs, apps… sobre todo con WordPress, o meu apeiro máis querido, e desde Abegondo (A Coruña).
Cada día estou máis convencida e comprometida coa cultura open-source, os estándares e a web aberta, accesible e humana. Encántame fedellar con mil cousas e de cando en cando compartir algo do aprendido no meu blog. Faime moita ilusión participar como poñente na primeira WordCamp da Coruña, a cidade que orbito.















