Unha rapaza de Mugardos que foi a Santiago estudar psicoloxía e acabou por quedar alí, traballando nunha das principais axencias de publicidade de Galicia, na USC e despois nunha empresa que traballaba con grandes marcas e firmas como Finsa, Ence e ONCE… só para decatarse máis tarde de que o que realmente quería era ver o mar desde a súa xanela, espertar ao seu ritmo e gozar do seu café en paz, non estar constantemente vendo o reloxo e ter tempo para saír a pasear e recoller amoras no verán.
Valéndome do meu coñecemento en psicoloxía, e en particular das terapias contextuais, pretendo compartir reflexións que nos animen a levar un estilo de vida máis en sintonía con aquilo que promove o noso benestar, liberándonos de ser escravos dunha sociedade e dun sistema que non sempre coida da nosa saúde integral.















