Ser relator

Apetéceche contar algo nunha WordCamp? Se a resposta é si, estás no lugar axeitado.

Non buscamos só expertos con currículos longos. Buscamos persoas con algo que dicir: ideas que inspiren, metodoloxías que funcionen, erros dos que aprender, ferramentas que cambiaron a forma de traballar. Calquera que teña algo útil que compartir ten cabida aquí.

Presentar nunha WordCamp é diferente a outros eventos. O público está implicado, é participativo e vén con gana de aprender, non a desconectar. Iso nótase.

Ademais, a gravación da túa charla estará dispoñible en WordPress.tv, visible para calquera persoa do mundo. É un xeito de que o teu traballo chegue moito máis lonxe do que chega calquera slide deck.

WordPress e todo o que orbita ao seu redor: desenvolvemento web, deseño UX/UI, SEO, accesibilidade, seguridade, WPO, intelixencia artificial aplicada á web, marca persoal, xestión de negocios dixitais, aspectos legais… Se o tema ten que ver con facer mellor o traballo das persoas que usan WordPress, encaixa.

Valoramos a orixinalidade. Se xa presentaches esta charla noutras WordCamps, pedímosche que propoñas algo novo.

Non aceptamos relatorios comerciais nin publicitarios.

Podes escoller o formato que mellor se axuste ao que queres contar: charla longa, charla curta, obradoiro práctico, a voz da experiencia ou debate aberto (desconferencia).

  • Charla longa (20 min + 5 min de preguntas) – Comparte a túa experiencia: Presenta unha temática que poida axudar a outras persoas a aprender, medrar ou mellorar. Desde desenvolvemento e deseño ata negocio, comunidade, márketing ou calquera aspecto relacionado con WordPress. Este formato é ideal para conectar con profesionais e persoas entusiastas do tema que presentas. 
  • Charla curta (10 min) – Cóntanolo en 10 minutos: Sen preguntas. A brevidade obriga a ir ao esencial e iso ten o seu mérito. Debes destacar os puntos clave, ofrecer consellos prácticos e compartir ideas eficaces. 
  • Obradoiro práctico (60 min) – Aprendemos facendo: Se coñeces en profundidade unha aplicación, tes un caso práctico interesante ou queres amosarnos como fixeches algo, este é o teu formato. Disporás de unha hora para compartir a túa experiencia práctica e aprender xuntos a través da acción. 
  • A voz da experiencia (20 min + 5 min de preguntas) – Cóntanos as túas leccións do camiño: Un formato pensado para profesionais cunha ampla traxectoria que queiran compartir aprendizaxes, reflexións, anécdotas e coñecementos adquiridos ao longo dos anos. Menos teoría e máis experiencia real. 
  • Debate aberto (60 min) – A desconferencia: As mellores conversas dunha WordCamp moitas veces danse fóra das salas. Este formato ponas no foco. Propoñeremos un tema e, durante a sesión, poderás lanzar preguntas e construír connosco unha conversa na que todas as voces achegan valor.

Preferentemente galego, español, portugués ou inglés.

Prazo de presentación de propostas: desde martes 9 de xuño ao luns 22 de xuño ás 23.59h do 2026.

Non te despistes coas datas! Imos ser moi rigorosos cos prazos e ese domingo pecharase definitivamente a recepción de propostas. 

Cubre o formulario con todos os datos da túa proposta. Revisaremos todas as candidaturas e responderemos por correo cando teñamos a selección lista.

Se tes dúbidas antes de enviar, escríbenos a galicia@wordcamp.org. O equipo de relatores estará encantado de axudarche.

Enviar proposta de charla.

Mantente ao día