Xa podes comprar a túa entrada para a WordCamp Galicia 2026

A WordCamp Galicia 2026 vai ser unha edición moi chula. E si, sabemos que está mal que o digamos nós, pero levamos meses traballando para que todo saia como queremos e o que queremos é que sexa unha cita inesquecible. Imperdible. Ineludible. Imprescindible. Como queiras dicilo.

E para que sexa así, ti es tan imprescindible, irreemplazable, necesario como a propia WordCamp. Si, ti. Porque se estás a ler isto, sabemos quen es: ou es fan das WordCamp e estás a desexar que chegue a próxima ou es alguén ao que lle contaron o fantásticas que son e non queres perder a seguinte. Pois chegou o teu momento: xa podes comprar a entrada para a WordCamp Galicia 2026.

Desde hoxe, que é 8 de xuño (por se non sabes en que día vives, como nos pasa a moitos), están dispoñibles as primeiras 100 entradas. Xa sabes, empezamos co formato ‘early bird’. É dicir, que se te apuntas agora (e por que ías esperar!?), a entrada sáeche máis barata.

Canto é máis barata, preguntaraste. Pois, sen máis rodeos, contámosche que as entradas para a WordCamp Galicia 2026 custan 50 euros. Pecata minuta tendo en conta todo o que supón, pero é unha das vantaxes desta gran comunidade de WordPress, que todos arrimamos o ombro para que as cousas se fagan e saian ben.

Dado que ti vas ser un paxaro madrugador, pagarás 30 euros. É o prezo para as 100 primeiras entradas e estará dispoñible ata o 1 de agosto, aínda que xa sabemos que se esgotarán moito antes. Un clásico. O noso consello: primeiro, asegura a túa e despois xa terás tempo de contarlle aos teus amigos e colegas por que deberían comprar a súa.

Aqueles que se despisten e cheguen a agosto sen a súa entrada, abonarán 40 euros. E é que para chegar a pagar os 50 euros que custa a entrada hai que facerse moito o descoidado, xa que este prezo non se activará ata o 1 de outubro, apenas 15 días antes da WordCamp. Por certo, por se aínda non sabes data e lugar, este ano vémonos o 17 e 18 de octubre na Coruña.

Recapitulando. As entradas para a WordCamp Galicia 2026 pódense conseguir a:

-30 euros: desde hoxe ata o 1 de agosto.

-40 euros: desde o 1 de agosto ata o 1 de outubro.

-50 euros: desde o 1 de outubro ata o 17 de outubro.

E como: pois na páxina de entradas desta web, que che queda aquí enlazada.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *