


Imos á Coruña!
A WordCamp Galicia quere facer honra ao seu nome e pasear por Galicia para achegar este grande acontecemento a todos os recunchos. Ou case.
Se xa fuches a algunha WordCamp, non fai falla que che contemos porque isto é un #savethedate con maiúsculas. E se nunca asistiches a este encontro ao redor de WordPress, ao open source, ao mundo web, ao emprendemento, á comunicación, á comunidade… Por onde comezamos? Unha WordCamp é, ante todo, unha experiencia, un espazo para aprender, facer contactos e gañar amigos.
Da WordCamp Galicia irás coa mente, o espírito e o estómago ben alimentados. Vés?

Axúdasnos a construir a WC Galicia?

Quero ser relator
Compartir coñecemento é a base dunha WC. Comparte o teu para inspirarnos.

Quero patrocinar
Bótanos unha man cos gastos para que poidamos seguir impulsando o open source.

Quero ser voluntario
Os días da WC todas as mans fan falla. Anímaste a colaborar e vivir a experiencia dende dentro?
Que atoparás na WordCamp Galicia
A WordCamp Galicia celebrarase na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, que nos brinda un auditorio, aulas e espazos multidisciplinares para desenvolver un encontro que inclúe dúas propostas centrais: unha xornada de relatorios e debates e o Contributor Day. Durante todo o sábado 17 terán lugar charlas en diferentes formatos para falar de WordPress, de desenvolvemento web, de deseño, de márketing… E o domingo 18, pola mañá, será o momento de reunir á comunidade para explicar como se pode colaborar con WordPress para que siga sendo o fantástico e polivalente software que é e traballar entre todos para facelo cada día mellor.
Mantente ao día
Se queres que che enviemos o programa, que te avisemos cando estean as entradas e que che contemos todos os pormenores da WordCamp Galicia 2026, apúntate ao noso boletín.












