Fotografía de Sabela Muñiz

Facer unha web sen ter nin idea

Despois de moitos intentos por ter unha web persoal que me dese visibilidade e amosase quen son en realidade, grazas á Comunidade de WordPress conseguín crear unha web da que non sinto vergoña.

Farei un percorrido polas diferentes webs que fun xerando sen xeito nin cabeza, para amosar cómo a Comunidade supuxo un notable cambio en canto a coñecementos, formación e asesoramento

Después de muchos intentos por tener una web personal que me diese visibilidad y mostrase quien soy en realidad, gracias a la Comunidad de WordPress conseguí crear una web de la que no siento verguenza.

Haré un recorrido por las diferentes webs que fui generando sin forma ni cabeza, para mostrar como la Comunidad supuso un notable cambio en cuanto a conocimientos, formación e asesoramiento

Fotografia de Nora Ferreirós

Non importas ti: importan os usuarios

As páxinas web se crean para cumprir un obxectivo: que un grupo de persoas usuarias realicen unha serie de accións. É dicir: nós creamos las webs, e os humildes e mundanos usuarios as utilizan.

A miña intención é que fagades comigo unha reflexión sobre as ocasións en que facemos proxetos poñendo as nosas prioridades e apreciacións persoais por diante, coma se as necesidades que temos que cubrir fosen as nosas propias.

Las páginas web se crean para cumplir un objetivo: que un grupo de personas usuarias realicen una serie de acciones. Es decir: nosotros creamos las webs, y los humildes y mundanos usuarios las utilizan.

Mi intención es que hagáis conmigo una reflexión sobre las ocasiones en que hacemos proyectos poniendo nuestras prioridades y apreciaciones personales por delante, como si las necesidades que tenemos que cubrir fuesen las nuestras propias.

Fotografía de Lúa Louro

10 consellos en 10 minutos para a túa escola en liña

Ensinar a través dunha pantalla non é tan doado, e se ti tamén pensabas que con escribir catro arquivos PDF chegaba aínda estás a tempo de arranxalo.

Tanto se xa estás a vender formación en Internet como se estás pensando en facelo, se segues estes 10 consellos rápidos evitarás cometer os erros máis comúns co teu curso.

Enseñar a través de una pantalla no es sencillo, y si tú también pesabas que con escribir cuatro archivos PDF llegaba aún estás a tiempo de arreglarlo.

Tanto si ya estás vendiendo formación en Internet como si estás pensando en hacerlo, si sigues estos 10 consejos rápidos evitarás cometer los errores más comunes con tu curso.

Fotografía de Anxo Sánchez

Creando unha rede de sitios web con WordPress. A experiencia de fala.gal

O auxe das redes sociais hai máis dunha década fixo caer no esquecemento de xeito progresivo a moitos sitios web utilizados a modo de blog, que na altura eran o espazo máis utilizado para compartir contido e escribir reflexións. Malia isto, seguen existindo e son utilizados diariamente por moitas persoas.

Unha das ferramentas utilizadas para crear redes de blogs foi o Multisite de WordPress. Primeiro como funcionalidade externa e logo nativa. Pero os seus usos non só se concentran aí. Webs corporativas multilingües, grupos de empresas cos seus sitios particulares, grandes proxectos con divisións/departamentos ou, en xeral, grupos de webs cun nexo común. Mesmo a páxina onde estás lendo isto está montada sobre un Multisite.

Niso se basea a experiencia de fala.gal, un proxecto onde crear un sitio web en galego e con só 3 clics con WordPress Multisite.

Como se crea un Multisite, que posibilidades nos abre e como o xestionamos?

El auge de las redes sociales hace más de una década hizo caer en le olvido de forma progresiva a muchos sitios web utilizados como blog, que entonces eran el espacio más utilizado para compartir contenido y escribir reflexiones. A pesar de esto, siguen existiendo y son utilizados diariamente por mucha personas.

Una de las herramientas utilizadas para crear redes de blogs fue el Multisite de WordPress. Primero como funcionalidad externa y luego nativa. Pero sus usos no solo se concentran ahí. Webs corporativas multilingües, grupos de empresas con sus sitios particulares, grandes proyectos con divisiones/departamentos o, en general, grupos de webs con un nexo común. Incluso la página donde estás leyendo esto está montada sobre un Multisite.

En eso se basa la experiencia de fala.gal, un proyecto donde crear un sitio web en gallego y con solo 3 clics con WordPress Multisite.

¿Como se crea un Multisite, que posibilidades nos abre y como lo gestionamos?

https://wordpress.tv/2021/10/02/anxo-sanchez-garcia-creando-unha-rede-de-sitios-web-con-wordpress/
Fotografía de Iago Fraga

Como organiza-lo material de apoio dun WordPress para gañar tempo e cartos

Subir unha foto a WordPress leva 2 s (se sabes onde está). E escribi-lo teu «Sobre min» leva pouco (se tes claro o que queres dicir). Pero canto máis medra o teu proxecto máis medran os arquivos auxiliares, ideas, consellos de expertos, imaxes, notas, proxectos a medias, etc.

Ben xestionados fan que o teu proxecto triunfe. Mal xestionados, fan que canto máis medre o teu proxecto máis lle custe avanzar. Se ademais o teu WordPress é o teu negocio, entón todas esas horas supoñen tamén cartos que te podes aforrar. E se traballas en webs para outros, entrega-las cousas clariñas fará que aforren moitísimo tempo e cartos e os fidelices por face-las cousas ben.

Por iso é hora de falarmos de como se organiza un WordPress «por detrás» de maneira profesional. Porque canto mellor organices o material de apoio (e máis claro o teñas) máis lucirá o teu proxecto de web/blogue/negocio/etc e os seus escaparates, menos tempo pasarás xestionando o caos e máis traballando no que mellor se che dá.

Na charla compartirei contigo tanto os meus principios fundamentais de organización dun WordPress coma os esquemas (estrutura de carpetas, lóxica, obxectivos) de dous dos tipos máis frecuentes de proxecto WordPress:

  1. O blogue persoal e
  2. A web/negocio dun/ha autónomo/a con infoprodutos e servizos.

Subir una foto a WordPress lleva 2 s (si sabes dónde está). Y escribir tu «Sobre mi» lleva poco (si tienes claro lo que quieres decir). Pero cuanto más crece tu proyecto más crecen los archivos auxiliares, ideas, consejos de expertos, imágenes, notas, proyectos a medias, etc.

Bien gestionados hacen que tu proyecto triunfe. Mal gestionados, hacen que cuanto más crezca tu proyecto más le cueste avanzar. Se además tu WordPress es tu negocio, entonces todas esas horas suponen también dinero que te puedes ahorrar. Y si trabajas en webs para otros, entregar las cosas claras hará que ahorren muchísimo tempo y dinero y los fidelices por hacer las cosas ben.

Por eso es hora de hablar de como se organiza un WordPress «por detrás» de manera profesional. Porque cuanto mejor organices el material de apoyo (y más claro jo tengas) más lucirá tu proyecto de web/blog/negocio/etc y sus escaparates, menos tempo pasarás gestionando el caos y más trabajando en lo que mejor se te da.

En la charla compartiré contigo tanto mis principios fundamentales de organización de un WordPress como los esquemas (estructura de carpetas, lógica, objectivos) de dos dos tipos más frecuentes de proyecto WordPress:

  1. El blog personal y
  2. La web/negocio de un/a autónomo/a con infoproductos y servicios.