Fotografía de Marta Torre

Custom Properties: ¿En CSS se programa?

Nesta pequena charla ensínovos dun xeito práctico e sinxelo o uso de propiedades personalizadas e como podemos facer uso delas para facilitar o noso traballo diario. Se non as usas hoxe, xa estás tardando!

En esta pequeña charla os enseño de una manera práctica y sencilla el uso de las custom properties y cómo podemos hacer uso de ellas para facilitarnos el trabajo día a día. Si no las usas hoy en día ¡Ya estás tardando!

Fotografía de Dani Serrano

Cómo crear un curso online

Nesta charla quero compartir contigo os puntos máis importantes (segundo a miña experiencia) a ter en conta á hora de crear cursos, masterclasses ou calquera tipo de contido de formación en liña. Tamén compartirei algúnha cagada (aprendizaxe) que tiven 🙂

En esta charla quiero compartir contigo los puntos más importantes (según mi experiencia) a tener en cuenta a la hora de crear cursos, masterclasses o cualquier tipo de contenido formativo online. También compartiré alguna cagada (aprendizaje) que he tenido 🙂

Fotografia de Esteban Grandal

WordPress & emprendimiento: creación rápida de prototipos para validar modelos de negocio

A creación de aplicacións web para proxectos innovadores require a creación áxil e rápida de prototipos funcionais. É importante poder usar o que se está a desenvolver, non só o concepto nin o deseño da pantalla. Só co uso e observación de diferentes usuarios pódense crear produtos valiosos que se poidan vender no mercado.

A realización deste proceso con aplicacións desenvolvidas a medida normalmente é necesario un equipo numeroso, reunións de moita xente, longos tempos de desenvolvemento, modificacións de código… e sobre todo moito investimento simplemente para «probar».

WordPress é un framework que ofrece un ambiente validado, moitas posibilidades para ampliar funcionalidades a baixo custo e xerar modelos de aplicación altamente comprobados co fin de crear posteriormente proxectos personalizados e escalables, pero xa con vendas, funcionalidades e coñecemento validados. Neste taller compartirei a miña experiencia con este tipo de proxectos, vantaxes e inconvenientes (que tamén hai)

La creación de aplicaciones web para proyectos innovadores requiere de la creación ágil y rápida de prototipos funcionales. Es importante poder usar lo que se está desarrollando, no solo el concepto ni el diseño de pantallas. Solo con el uso y la observación de diferentes usuarios se pueden crear productos de valor que se puedan vender en el mercado. 

La realización de este proceso con aplicaciones desarrolladas a medida, requiere normalmente de un amplio equipo, reuniones de muchas personas, tiempos de desarrollo largos, modificaciones de código… y sobre todo mucha inversión simplemente para «probar». 

WordPress es un framework que ofrece un entorno validado, muchas posibilidades de ampliar funcionalidades a bajo coste y generar modelos de aplicaciones muy probados de cara a crear posteriormente proyectos a medida y escalables, pero ya con ventas, funcionalidades y conocimientos validados. En este taller compartiré mi experiencia con este tipo de proyectos, ventajas y desventajas (que también las hay)

Fotografía de Jaime Garmar

Montar un pódcast con WordPress más rápido que hacer filloas

As filloas elabóranse con leite, fariña, ovos e sal (e touciño para engraxar a tixola). Aseméllanse ás crepes, diferenciándose delas sobre todo por non conter manteiga. Canto máis finas sexan moito mellor. É un prato que se prepara rápido e non é nada complicado.

Pois máis rápido e menos complicado é montar un podcast con WordPress. Nesta charla explicareiche dúas formas rápidas de montar unha web para o teu programa.

Las filloas se elaboran con leche, harina, huevos y sal (y tocino para engrasar la sartén). Se parecen a las crepes, diferenciándose de ellas sobre todo por no contener mantequilla. Cuanto más finas sean mucho mejor. Es un plato que se prepara rápido y no es nada complicado.

Pues más rápido y menos complicado es montar un pódcast con WordPress. En esta charla te explicaré dos formas rápidas de montar una web para tu programa.

Fotografía de Jose Ramón Bernabeu y Marita Alonso

O que uniu WordPress que non o separe…

Unha historia de amor… por WordPress.

De como dúas persoas veciñas que non se coñecían acaban traballando xuntas grazas a trabar amizade a través da comunidade de WordPress.

Una historia de amor… por WordPress.

De como dos personas vecinas que no se conocían acaban trabajando juntas gracias a trabar amistad a través de la comunidad de WordPress.

Fotografía de Miriam Abuín y Nuria Pico

Deseño web corporativo

Nesta charla falaremos da importancia de aplicar a identidade corporativa dun negocio no seu deseño web.

Veremos cómo xerar diferentes gráficas de apoio para incluir nunha estructura sinxela de páxina web (iconas, separadores, patterns, etc.) e tamén, cómo traballar a cor para que nos axude a organizar a información dentro da páxina.

En esta charla hablaremos de la importancia de aplicar la identidad corporativa de un negocio en su diseño web.

Veremos cómo generar diferentes gráficas de apoyo para incluir en una estructura sencilla de página web (iconos, separadores, patterns, etc.) y también, cómo trabajar el color para que nos ayude a organizar a información dentro de la página.

Fotografía de André Maneiro

Estilos en Gutenberg

Que mecanismos existen para estilizar un sitio web feito con Gutenberg? Cómo é que se coordinan estilos de orixes tan distintas como WordPress core, bloques, patróns, plugins, temas, e usuarios? Que son os estilos globais do sitio e cal é o rol do arquivo theme.json?

Estas e outras cuestións serán as que focarán esta palestra, co obxectivo de apresentar unha visión global dos mecanismos de estilos existentes que poida ser de utilidade tanto a persoas que comezan como ás máis experimentadas.

¿Qué mecanismos existen para estilizar un sitio web hecho con Gutenberg? ¿Cómo es que se coordinan estilos de orígenes tan distintos como el core de WordPress, bloques, patrones, plugins, temas y usuarios? ¿Qué son los estilos globales del sitio y cuál es el rol del archivo theme.json?

Estas y otras cuestiones serán las que enfocarán esta ponencia, con el objetivo de presentar una visión global de los mecanismos de estilos existentes que puedan ser de utilidad tanto a personas que comienzan como a las más experimentadas.

Fotografía de Pilar Mera

O meu amigo o inspector: 3 exemplos prácticos para non poder vivir sen el

Dentro dos nosos navegadores habita unha poderosa ferramenta: (o meu amigo) o inspector ou DevTools.

Co inspector podemos facer moitas cousas e moi útiles, desde preparar bocetos en jpg a partir de webs demo ata axudarnos coas políticas de cookies, facer auditorías de optimización e accesibilidade, exportar todas as entradas e produtos dunha web, saber que plantilla emprega… Todo iso sen necesidade de acceder ao wp-admin e sen empregar ningunha outra ferramenta máis có propio navegador!

Se aínda non usas o inspector no teu fluxo de traballo diario, despois deste taller non poderás vivir sen el :).

Dentro de nuestros navegadores habita una poderosa herramienta: (mi amigo) el inspector o DevTools.

Con el inspector podemos hacer muchas cosas y muy útiles, desde preparar bocetos en jpg a partir de webs demo hasta ayudarnos con las políticas de cookies, hacer auditorías de optimización y accesibilidad, exportar todas las entradas y productos de una web, saber que tema usa… Todo eso sin necesidad de acceder al wp-admin ¡y sin emplear ninguna herramienta más que el propio navegador!

Si aún no usas el inspector en tu flujo de trabajo diario, después de este taller no podrás vivir sin él :).

Fotografía de Iván Servia

A internacionalización ou localización do noso WordPress

Que ocorre se precisamos ter a nosa web en máis de un idioma?

Que estratexia debemos seguir? Empregamos un plugin, realizamos varias instalacións…

Plugins para internacionalización de WordPress.

¿Qué ocurre si necesitamos tener nuestra web en más de un idioma?

¿Qué estrategia debemos seguir? Emplegamos un plugin, realizamos varias instalaciones…

Plugins para internacionalización de WordPress.

Fotografía de Saúl Verez

Logra un estilo de vida libre ó redor do SEO

Gústame todo o que ten que ver cos cambios vitais. Cómo, no meu caso, o SEO e toda a miña traxectoría no mundo de internet posibilitoume cambiar e diseñar a miña vida tal e como desexaba.

O SEO e o deseño web foron os vehículos que me posibilitaron traballar deslocalizadamente e sen horarios. Dou gracias por tomar acción no seu momento e formarme neste mundo tan apaixoante.

Hoxe en día pretendo que máis xente se suba a este tren.

Me gusta todo lo que tiene que ver con los cambios vitales. Como, en mi caso, el SEO y toda mi trayectoria en el mundo de internet me posibilitó cambiar y diseñar mi vida tal y como la deseaba.

El SEO y el diseño web fueron los vehículos que me posibilitaron trabajar deslocalizadamente y sin horarios. Doy gracias por tomar la acción en su momento y formarme en este mundo tan apasionante.

Hoy en día pretendo que más gente se suba a este tren.