Fotografía de Anxo Sánchez

Creando unha rede de sitios web con WordPress. A experiencia de fala.gal

O auxe das redes sociais hai máis dunha década fixo caer no esquecemento de xeito progresivo a moitos sitios web utilizados a modo de blog, que na altura eran o espazo máis utilizado para compartir contido e escribir reflexións. Malia isto, seguen existindo e son utilizados diariamente por moitas persoas.

Unha das ferramentas utilizadas para crear redes de blogs foi o Multisite de WordPress. Primeiro como funcionalidade externa e logo nativa. Pero os seus usos non só se concentran aí. Webs corporativas multilingües, grupos de empresas cos seus sitios particulares, grandes proxectos con divisións/departamentos ou, en xeral, grupos de webs cun nexo común. Mesmo a páxina onde estás lendo isto está montada sobre un Multisite.

Niso se basea a experiencia de fala.gal, un proxecto onde crear un sitio web en galego e con só 3 clics con WordPress Multisite.

Como se crea un Multisite, que posibilidades nos abre e como o xestionamos?

El auge de las redes sociales hace más de una década hizo caer en le olvido de forma progresiva a muchos sitios web utilizados como blog, que entonces eran el espacio más utilizado para compartir contenido y escribir reflexiones. A pesar de esto, siguen existiendo y son utilizados diariamente por mucha personas.

Una de las herramientas utilizadas para crear redes de blogs fue el Multisite de WordPress. Primero como funcionalidad externa y luego nativa. Pero sus usos no solo se concentran ahí. Webs corporativas multilingües, grupos de empresas con sus sitios particulares, grandes proyectos con divisiones/departamentos o, en general, grupos de webs con un nexo común. Incluso la página donde estás leyendo esto está montada sobre un Multisite.

En eso se basa la experiencia de fala.gal, un proyecto donde crear un sitio web en gallego y con solo 3 clics con WordPress Multisite.

¿Como se crea un Multisite, que posibilidades nos abre y como lo gestionamos?

https://wordpress.tv/2021/10/02/anxo-sanchez-garcia-creando-unha-rede-de-sitios-web-con-wordpress/

Relator