Fotografía de Iago Fraga

Como organiza-lo material de apoio dun WordPress para gañar tempo e cartos

Subir unha foto a WordPress leva 2 s (se sabes onde está). E escribi-lo teu «Sobre min» leva pouco (se tes claro o que queres dicir). Pero canto máis medra o teu proxecto máis medran os arquivos auxiliares, ideas, consellos de expertos, imaxes, notas, proxectos a medias, etc.

Ben xestionados fan que o teu proxecto triunfe. Mal xestionados, fan que canto máis medre o teu proxecto máis lle custe avanzar. Se ademais o teu WordPress é o teu negocio, entón todas esas horas supoñen tamén cartos que te podes aforrar. E se traballas en webs para outros, entrega-las cousas clariñas fará que aforren moitísimo tempo e cartos e os fidelices por face-las cousas ben.

Por iso é hora de falarmos de como se organiza un WordPress «por detrás» de maneira profesional. Porque canto mellor organices o material de apoio (e máis claro o teñas) máis lucirá o teu proxecto de web/blogue/negocio/etc e os seus escaparates, menos tempo pasarás xestionando o caos e máis traballando no que mellor se che dá.

Na charla compartirei contigo tanto os meus principios fundamentais de organización dun WordPress coma os esquemas (estrutura de carpetas, lóxica, obxectivos) de dous dos tipos máis frecuentes de proxecto WordPress:

  1. O blogue persoal e
  2. A web/negocio dun/ha autónomo/a con infoprodutos e servizos.

Subir una foto a WordPress lleva 2 s (si sabes dónde está). Y escribir tu «Sobre mi» lleva poco (si tienes claro lo que quieres decir). Pero cuanto más crece tu proyecto más crecen los archivos auxiliares, ideas, consejos de expertos, imágenes, notas, proyectos a medias, etc.

Bien gestionados hacen que tu proyecto triunfe. Mal gestionados, hacen que cuanto más crezca tu proyecto más le cueste avanzar. Se además tu WordPress es tu negocio, entonces todas esas horas suponen también dinero que te puedes ahorrar. Y si trabajas en webs para otros, entregar las cosas claras hará que ahorren muchísimo tempo y dinero y los fidelices por hacer las cosas ben.

Por eso es hora de hablar de como se organiza un WordPress «por detrás» de manera profesional. Porque cuanto mejor organices el material de apoyo (y más claro jo tengas) más lucirá tu proyecto de web/blog/negocio/etc y sus escaparates, menos tempo pasarás gestionando el caos y más trabajando en lo que mejor se te da.

En la charla compartiré contigo tanto mis principios fundamentales de organización de un WordPress como los esquemas (estructura de carpetas, lógica, objectivos) de dos dos tipos más frecuentes de proyecto WordPress:

  1. El blog personal y
  2. La web/negocio de un/a autónomo/a con infoproductos y servicios.

Relator