Wapuu Peregrino

Presentamos ó noso Wapuu: Wapuu Peregrino

Aínda non sabes o que é un Wapuu? Temos que solucionalo dunha vez por todas.

1. Resposta curta: a mascota oficial de WordPress.

2. Resposta longa: unha idea que xurdiu na WordCamp Tokio 2009 e que se materializou grazas á ilustradora Kazuko Kaneuchi. O seu deseño presentouse na WordCamp Fukuoka 2011. Xa ves que todo ten un aire moi xaponés…

Wapuu ten unha licenza totalmente libre (GPL) e cada comunidade pode personalizalo cos sinais de identidade que mellor a representan.

No noso caso era visto, Sonia Díaz non tivo dúbidas á hora de deseñar o Wapuu da WordCamp Galicia… aquel que dixo que todos os camiños chegaban a Roma non coñecía Galicia.

Se non que lle pregunten a Wapuu: fixo o Camiño Inglés, pero non chegou a Inglaterra; percorreu o Camiño Francés, mais non chegou a Francia; atravesou o Camiño Portugués e… non, tampouco chegou a Portugal.

Seica o centro do mundo é Galicia? porque todos os camiños acaban aquí. Vendo que o seu destino é inevitable, Wapuu engalanouse como un peregrino e aí vén #camiñoagalicia.

¿Aún no sabes qué es un Wapuu? Tenemos que solucionarlo de una vez por todas.

1. Respuesta corta: la mascota oficial de WordPress.

2. Respuesta larga: una idea que surgió en la WordCamp Tokio 2009 y que se materializó gracias a la ilustradora Kazuko Kaneuchi. Su diseño se presentó en la WordCamp Fukuoka 2011. Ya ves que todo tiene un aire muy japonés…

Wapuu tiene una licencia totalmente libre (GPL) y cada comunidad puede personalizarlo con las señas de identidad que mejor la representan.

En nuestro caso era visto, Sonia Díaz no tuvo dudas a la hora de diseñar el Wapuu de la WordCamp Galicia… aquel que dijo que todos los caminos llegaban a Roma no conocía Galicia.

Si no que le pregunten a Wapuu: hizo el Camino Inglés, pero no llegó a Inglaterra; recorrió el Camino Francés, mas no llegó a Francia; atravesó el Camino Portugués y… no, tampoco llegó a Portugal.

¿Acaso el centro del mundo es Galicia? porque todos los caminos acaban aquí. Viendo que su destino es inevitable, Wapuu se engalanó como un peregrino y ahí viene #caminoagalicia.