Coñece aos voluntarios!
Aquí tes ás persoas que neste ano colaborarán como voluntarios na WordCamp Pontevedra. Se precisas calquera cousa, non dubides en achegarte a eles, e estarán encantados de axudarche no que precises.
O evento non sería posible sen a súa axuda!


Ohia
Ohia é unha enxeñeira de UX cun profundo enfoque no deseño visual.
Mais recentemente foi organizadora de WCEU 23 e 24 nos equipos de Comunidade e web. Actualmente, atópase organizando WordCamp Granada 2024, e o Día da Diversidade de WordPress Valencia.
Cando non está deseñando e creando sitios web, é profesora de inglés, defensora de ONG e organizadora comunitaria. ••• Se non responde aos correos electrónicos, consulte nas fragas.

Eva Llorca
Docente de Marketing Dixital e Xestora de Contidos, desde fai máis de 10 anos adicada á docencia, e máis de 12 ao Content Marketing.
Desde hai 14 anos traballando baixo a súa propia marca persoal: Llorca Digital, como freelance, realizando contido para blogs, webs, ecommerce, redes sociais e material offline para todo tipo de empresas e sectores.

Daniel Pereyra
Coñecín WordPress alá polo ano 2008, buscando o “CMS perfecto”. Foi probalo e xurdiu o amor á primeira vista.
Actualmente ofrezo solucións e servizos arredor deste marabilloso CMS de software libre.
Tiven a oportunidade de ir á WCEU este ano 2025 e quedei encantado, con moitísimas ganas de involucrarme de novo na comunidade 🤗. Así que aquí estou, sendo voluntario da WordCamp Galicia 2025.

David López
Son David López Pazos, son entrenador tecnolóxico, apasionado da tecnoloxía e sobre todo das personas.
Vivo en Pontevedra e disfruto do campo, en especial o de Galicia. A miña terra.
Encántame colaborar en iniciativas nas que gracias a un grupo de persoas variadas realízanse eventos e proxectos interesantes e que aportan.
É por iso que desfruto sendo voluntario da wordcamp de Pontevedra. Estar entre bambalinas para que a xente quede contenta e lle apeteza voltar e xerar comunidade.
O equipo de Wordcamp Pontevedra está moi unido e é un pracer formar parte del.

Celi Garoe
Son copywriter, creo contido e xestiono proxectos dixitais baseados en WordPress para outros autónomos e pequenas empresas (algo así como unha man dereita).
Desde que a WordCamp Pontevedra 2019 me deu a oportunidade de probalo, estou enganchada a esto de ser voluntaria.

Álvaro Torres
Flipado de WordPress…
Se iso non é suficiente, diría que son un emprendedor empedernido.
Desenvolvedor web, aínda que nos últimos anos formeime a conciencia en creación de vídeo con IA e automatizacións.
Corresponsable do equipo de márketing de WordPress nacional.

Roberto Vázquez
Parte da comunidade desde 2012. Fun asistente, voluntario, speaker, organizador… e máis cousas que só se contan en persoa.
Encantado de axudar e facer fotos se é preciso.

Alice Castelejo
Veño de Portugal.
Son axente de viaxes.
Son unha persoa sociable. Encántame ler, a fotografía e viaxar.

Luis Centeno
Un amante da tecnoloxía e un curioso do deseño web

Jose Freitas
Especialízome en márketing e creación de sitios web que axuden ás empresas a vender máis con estratexias de comunicación sinxelas e claras.
Uso WordPress profesionalmente desde 2016, pero desde 2008 conozo e uso o CMS que cambiou o mundo.

José Ramón Bernabeu
Alicantino alimentado con cocido galego.
Desenvolvedor e asesor de estratexia en Internet para negocios locais.
Especialista en presenza online, soporte web e venta en Internet.
Mecánico WordPress.

Aitana Bernabeu
Estudiante de 3º de E.S.O.

Breixo Mariño
Coordinador de Proxectos web moi interesado en Marketing e Estratexia para negocios.
No grupo de amigos son o que monta as gynkanas ou procuras do tesouro cando imos de casa rural.
De vez en cando creo algún side-project como pidopapas.com.
Devoro podcasts de marketing, copywriting e SEO local mentras cuido da miña pequea horta.
Voluntario con ganas de axudar e coñecer aos cracks que tanto aportan a esta comunidade.

Nilo Vélez
Son de Madrid pero vivo en Sevilla, fago webs, traduzo cousas e paso moito tempo facendo cousas para a comunidade.

Brais Pato
Son desenvolvedor PHP e veño desde Ourense por segundo ano consecutivo a colaborar e desfrutar deste evento, esperámosvos.