
Deseñadora de interfaces e experiencias de usuario dende unha mirada crítica e comprometida co impacto que ten a tecnoloxía nas persoas e o planeta. Defensora da sostibilidade e das prácticas éticas na creación de produtos dixitais, colaboro activamente en proxectos de código aberto, principalmente WordPress.

-
Os básicos dunha web responsable
4 Outubro, 2025 ás 4:30 p.m. CEST en SALA ENRIBAAUDITORÍA, GALEGO
Crear páxinas web atendendo a principios de responsabilidade —accesibilidade, sostibilidade enerxética, privacidade, transparencia, etc.— semella unha cousa moi custosa que require grandes coñecementos, recursos ou inversión. Non vos vou enganar: hai moitas cousas que saber, que facer e que ter en conta para crear una web en perfecto equilibrio entre a responsabilidade, a rentabilidade e a experiencia do usuario. Mais hai moitas cousas que só requiren un pouco de atención pero marcan a diferencia.
Nesta auditoría axudarei a proxectos reais a identificar estas melloras básicas e asumibles para que poidan comezar nos seus primeiros pasos cara un enfoque máis responsable. E quen sabe, o mesmo aprendes tamén como facelo co teu.