Montserrat Cano

Monsterrat Cano

Xestiono proxectos no ámbito do márketing dixital nacional e internacional, cun enfoque en SEO internacional orientado a resultados. Son formadora, mentora e poñente en congresos como a WordCamp Europe, eCommerce Expo ou MeasureCamp. Son coautora de dous libros sobre SEO.

Son embaixadora do programa Google Women Techmakers.

¿Sabías que podes crear o teu propio GPT sen ser desenvolvedora e usalo como unha ferramenta práctica no teu día a día?

Nesta charla, contaréiche como un experimento sinxelo se transformou nun asistente personalizado. Partín dun problema e, paso a paso, desenvolvín unha ferramenta útil para accesibilidade, creación de contido, formación interna e máis.

Se es formadora, creadora ou, simplemente, tes curiosidade pola intelixencia artificial, levaraste ideas claras para converter unha idea nun produto real.