
Estudo Ciencia de Datos na FIC, pero tamén me gusta a electrónica.
Levo moitos anos usando software libre e paréceme especialmente interesante o impacto social que ten; creo que é unha ferramenta moi potente.
Ademais, hai outras cousas que me entusiasman, principalmente:
- Os sistemas de transporte público e os estándares de datos asociados
- Os mapas e os sistemas de información xeográfica
- O deseño web. ¡O CSS é a mellor ferramenta se tes paciencia!
Gústame experimentar no meu pequeno recuncho de internet (delthia.com) e procuro facer cousas sinxelas pero funcionais.
E por suposto, organizar cousas, principalmente con GPUL. Levo pouco tempo, pero sempre quixen formar parte dunha asociación de software libre e agora teño esa sorte.

-
Mantendo viva a web con blogs
4 Outubro, 2025 ás 4:10 p.m. CEST en SALA ENRIBACHARLA CURTA, ESPAÑOL
Dende o seu nacemento nos anos 90, a web é un dos principais usos de Internet. Porén, a medida que as redes sociais foron gañando popularidade, os sitios web persoais foron perdendo protagonismo.
Hoxe, a web está en perigo, cada vez máis chea de redes sociais e webs pechadas, e cunha cantidade crecente de contido xerado automaticamente.
Nesta charla veremos os estándares que fixeron triunfar á web e a importancia dos pequenos sitios web ao longo da súa historia.