
Son copywriter e xestora de proxectos dixitais baseados en WordPress.
A primeira vez que me probei o zapatito de cristal de WordPress foi durante a WordCamp Granada 2018, e dende entón non deixei de atopar príncipes e princesas azuis dentro da súa comunidade. É máis, sen decatarme, convertinme nunha delas.
Contareiche como, o domingo, cun café.

-
Princesa por Sorpresa, versión WordPress
5 Outubro, 2025 ás 10:30 a.m. CEST en SALA ABAIXOCHARLA CURTA, ESPAÑOL
Esta é a historia de como me convertín en “princesa” por sorpresa (con moitas comiñas), grazas a WordPress.
É unha charla moi persoal, na que conto como descubrín a comunidade que me cambiou a vida: a de WordPress.
Todo comezou nunha WordCamp, como non podía ser doutro xeito, pero os detalles máis suculentos déixoos para o directo.
Ademais de facerche rir (conmigo ou de min, ambas me valen) e conseguir que leves mellor a primeira hora do domingo post-after-party, o meu obxectivo é espertar en ti a fascinación que eu sinto por esta comunidade para que saias da charla con ganas de formar parte dela á túa maneira.
Non prometo chistes bos nin efectos especiais, pero si unha historia real e con final feliz (que en realidade é só o principio).