Nesta charla veremos como optimizar un sitio web WordPress desde a base, aplicando técnicas que melloran o rendemento de forma real e escalable. Por exemplo: precarga de fontes, carga diferida de recursos, optimización avanzada de imaxes e máis. Sen plugins que se activan sen saber o que fan nin maquillando as métricas de PageSpeed.
Ás veces, as métricas de Core Web Vitals asustan, pero non sempre reflicten un problema real. O importante é saber interpretalas e usalas para tomar boas decisións, en vez de aplicar solucións rápidas que non resolven os problemas de raíz.


Ola, son Rosario Aznar e adícome ao SEO técnico. Apaixóname entender como funciona todo “por dentro”: rastreo, indexación, estructura, rendemento… e, sobre todo, xerar solucións concretas e aplicables.
Levo máis de 6 anos traballando en SEO para todo tipo de proxectos, desde instituciones educativas e centros de formación ata grandes corporacións internacionais. O meu primeiro proxecto foi precisamente nunha universidade, e desde entón sigo moi vinculada ao mundo da formación.
Actualmente traballo na axencia Asdrubal SEO, son formadora en varias escolas de marketing dixital e participo como ponente en eventos do sector. Gustaríame compartir todo o que sei sobre SEO de forma clara, aterrando a parte técnica e con exemplos prácticos.