Nun mar de ofertas, escoller onde queremos ter o noso sitio ou o dos nosos clientes é unha decisión importante, condicionada por unha enorme cantidade de factores. Pero antes incluso de fixarnos nas prestacións que nos ofrecen, temos que coñecer o noso sitio e a súa proxección para poder tomar a decisión axeitada.


Responsable de vendas en España de WordPress.com, teño unha ampla experiencia usando WordPress a nivel persoal e, nos últimos 4 anos, tamén a nivel profesional traballando como enxeñeiro de soporte, primeiro en Yoast e posteriormente en Automattic, onde tamén ampliei as miñas funcións para fomentar os recursos de aprendizaxe e formación (webinars/cursos) e desenvolver o mercado español.
Ser consciente das diferenzas entre as persoas axudoume a entender como contar historias que conecten e simplifiquen o complexo, e iso foi clave na miña forma de formar e construír comunidade.