Educación, WordPress e preguntas incómodas

¿Ten sentido seguir aprendendo WordPress en plena era da IA? ¿Debería existir un certificado oficial para vender desenvolvemento ou implementacións con WordPress? ¿É unha boa aposta montar unha academia con WP?

Nun formato rápido e sen anestesia, nesta sesión lanzaremos preguntas provocadoras sobre educación e WordPress. Ti votas en tempo real dende o teu móbil e, a continuación, estala unha roast battle: mínimo dúas persoas defendendo a súa postura… e o que xurda. Ritmo áxil, opinións cruzadas e cero tempo para discursos preparados. Atréveste?

Pablo Moratinos

Son consultor de marketing especializado en analítica dixital para negocios online e traballo como Growth Data Lead en Product Hackers.

Hai case 20 anos que comecei a trastear con WordPress, e hoxe en día é unha constante no meu día a día, tanto nos meus blogs como nos servizos que lles ofrezo aos meus clientes.

Os luns pola tarde presento o podcast de deseño, marketing e negocios co título máis raro do mundo: Un Billete a Chattanooga.